Convocatória: Que venhem os Reis! 5 Xaneiro 2011

O 5 de Janeiro às 5 da tarde, na porta do centro comercial compostelano Área Central (nas Fontinhas), imos recebé-los assim:

que venhem os reis 1

que venhem os reis 2

Fouces contra a violência machista: as imagens da acçom (II) 29 Novembro 2010

Aqui podes ver todas as imagens tomadas por Rizlinha.

Fouces contra a violência machista: as imagens da acçom (I) 29 Novembro 2010

Máis fotos de Galiza Contrainfo aqui.

Fouces contra a violência machista: 25 Novembro, nada que celebrar! 29 Novembro 2010

27 Novembro: Fouces contra a violência machista 24 Novembro 2010

LUGAR: Praza de Abastos (mercado) de Compostela.
HORA: 12-14h.

O sábado 27 de Novembro sairemos de novo á rúa porque non temos nada que celebrar, e rexeitamos o labor das institucións en nome dun falso feminismo, que resulta saboteador e desmobilizador (mais non conseguirán desmobilizarnos!).
Porque as empregadas de fogar seguen a estar en condicións de escravitude.
Porque a que traspasa as fronteiras e é pobre perde todos os dereitos.
Porque as mulleres violentadas, agredidas, maltratadas,… son vitimizadas, xulgadas, e revitimizadas.
Porque a igrexa e os poderes públicos traballan xuntos na perpetuación do patriarcado, constituíndo institucións de alto risco para as mulleres.
Porque as mulleres que se defenden son criminalizadas, e voltan a ser agredidas polas institucións que as desprotexen, e que crean e perpetúan a violencia contra nós.
Porque a maioría das persoas que viven en situación de pobreza no mundo, son mulleres.
Porque seguimos a ser asasinadas.
Porque violarnos é arma bélica que desmoraliza ao inimigo masculino, ademais de limpar a raza.
Porque o machismo é o terrorismo.
Porque a heterosexualidade como único camiño é un modo máis de control e de perpetuación de violencia, ademais dun artificio obrigatorio.
Porque somos mercantilizadas, obxectualizadas, marcadas, conquistadas,…
Porque este texto pode ser infinito e estamos FARTAS.

Temos a capacidade de defendernos, porque levamos toda a vida facéndoo nun mundo feminicida. E seguimos loitando.

Contra o terrorismo machista,
AUTODEFENSA FEMINISTA!

Paremos o terrorismo machista 3 Setembro 2010

Monserrat foi asasinada o pasado 26 de Agosto na cidade de Lugo e nós saímos á rúa para condenar, mais unha vez, este tipo de acto machista e terrorista.


PAREMOS O TERRORISMO MACHISTA
NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA

Fotografias Rute Cortiço.
Se queres ver máis, pincha aquí

25 de Novembro do 2009 9 Febreiro 2010

… que en realidade se celebrou o 28.

se queredes máis… pinchade aquí!