Convocatória: Que venhem os Reis! 5 Xaneiro 2011

O 5 de Janeiro às 5 da tarde, na porta do centro comercial compostelano Área Central (nas Fontinhas), imos recebé-los assim:

que venhem os reis 1

que venhem os reis 2

Fouces contra a violência machista: as imagens da acçom (II) 29 Novembro 2010

Aqui podes ver todas as imagens tomadas por Rizlinha.

Fouces contra a violência machista: as imagens da acçom (I) 29 Novembro 2010

Máis fotos de Galiza Contrainfo aqui.

Fouces contra a violência machista: 25 Novembro, nada que celebrar! 29 Novembro 2010

27 Novembro: Fouces contra a violência machista 24 Novembro 2010

LUGAR: Praza de Abastos (mercado) de Compostela.
HORA: 12-14h.

O sábado 27 de Novembro sairemos de novo á rúa porque non temos nada que celebrar, e rexeitamos o labor das institucións en nome dun falso feminismo, que resulta saboteador e desmobilizador (mais non conseguirán desmobilizarnos!).
Porque as empregadas de fogar seguen a estar en condicións de escravitude.
Porque a que traspasa as fronteiras e é pobre perde todos os dereitos.
Porque as mulleres violentadas, agredidas, maltratadas,… son vitimizadas, xulgadas, e revitimizadas.
Porque a igrexa e os poderes públicos traballan xuntos na perpetuación do patriarcado, constituíndo institucións de alto risco para as mulleres.
Porque as mulleres que se defenden son criminalizadas, e voltan a ser agredidas polas institucións que as desprotexen, e que crean e perpetúan a violencia contra nós.
Porque a maioría das persoas que viven en situación de pobreza no mundo, son mulleres.
Porque seguimos a ser asasinadas.
Porque violarnos é arma bélica que desmoraliza ao inimigo masculino, ademais de limpar a raza.
Porque o machismo é o terrorismo.
Porque a heterosexualidade como único camiño é un modo máis de control e de perpetuación de violencia, ademais dun artificio obrigatorio.
Porque somos mercantilizadas, obxectualizadas, marcadas, conquistadas,…
Porque este texto pode ser infinito e estamos FARTAS.

Temos a capacidade de defendernos, porque levamos toda a vida facéndoo nun mundo feminicida. E seguimos loitando.

Contra o terrorismo machista,
AUTODEFENSA FEMINISTA!

Dia internacional contra a violência de gênero 24 Novembro 2010

Entrevista: “Continuaremos a fazer-nos ouvir nas ruas e nas paredes da cidade” 9 Novembro 2010

Redacçom/ Conversamos com Maria Rosendo, poeta e participante da Rede Feminista Galega, acerca da visita do Papa Bento XVI e as diversas reacçons de protesto.

Que é a Rede Feminista Galega?
A Rede Feminista Galega (RFG) nasce com o objectivo de ser um ponto de encontro de todos os colectivos e mulheres feministas do país. Tentamos convergir num lugar comum: o da luita contra o patriarcado, ao que, ainda hoje, nos vemos submetidas, tanto por pessoas, como por instituiçons encarregadas de perpetuar o modelo hegemônico, altamente machista.

Já levais todo o ano com umha campanha de denúncia da moral da Igreja católica, por que começou esta campanha contra a Igreja? Ides continuar com ela?

“A igreja contra as mulheres, as mulheres contra a igreja” é o lema sob o qual se englobam todas as acçoms que desde a RFG se tenhem feito neste ano Jacobeu 2010. A campanha faz-se necessária, já que nós entendemos que a Igreja Católica é umha das instituiçons que mais dano lhe tem feito às mulheres, proibindo-nos e castigando a liberdade sexual, a liberdade de decidir sobre os nossos corpos e subordinando-nos sistematicamente aos homens sob um rol de submissom onde tenhem lugar todo tipo de violências.

(máis…)

A concentración vista desde dentro… 9 Novembro 2010

Aí vos quedades!!! 7 Novembro 2010

…e ninguen calou os NOSOS berros. 7 Novembro 2010

Diante dunha imensa presenza policial, tiña lugar a convocatoria da concentración da Rede Feminista Galega, baixo o lema “As mulheres galegas nom te esperamos”, e “8 horas: 4.000.000 de euros”, que con múltiples cartaces, berros, e para rematar unha bicada, demostraron que “aínda que a cruz e a porra veñen xuntas”, as mulleres e as xentes de Compostela tiñan moito que dicir sobre esta visita financiada pola Xunta e o Estado, e ninguen calou os seus berros.

Máis fotos en :
http://www.flickr.com/photos/47009921@N02/sets/72157625325338416/

http://www.flickr.com/photos/54761576@N07/sets/72157625320903598/