Precintando ao Papa 29 Outubro 2010

Precintando as catedráis do machismo

Mulheres Transgredindo, un mais dos colectivos que constitúen a Rede Feminista Galega sae á rua novamente para acompañar a Benedicto XVI na sua estadía no noso país.

E non se nos ocorre millor ofrenda que a DENUNCIA POR APOLOXÍA DO XENOCIDÍO E DELITOS DE LESA HUMANIDADE (arts. 607.2 e 607 bis do C.P.) que hoxe foi interposta hoxe, día 26 de outubro por este colectivo ante o Xulgado de Instrucción nº1 contra Joseph Ratzinger, máis coñecido como papa Benedicto XVI, como o máis alto representante da igrexa católica apostólica e romana, polos delitos de tortura, abusos sexuais a menores e encubrimento dos mesmos, apoloxía da misoxínia e homofobia e persecución por motivos políticos, étnicos de xénero ou de orientación sexual.

Primeiro precintamos igrexas, despois precintamos a catedral de compostela, e, agora, cos nosos propios cartos e contra toda lóxica, traénnos ao representante da organización que máis dano lle fixo ás mulleres no mundo enteiro desde tempos inmemoriais. Pois ben, a el non o imos poder precintar mais temos o noso dereito, e deber incluso, de denuncialo públicamente a fin de que, desta vez, sexa precintado polo poder xudicial.

Esiximos o ingreso en prisión de Joseph Ratzinger.
Esiximos o axuizamento do papa polos delitos de apoloxía do xenocidio e de lesa humanidade.
Esiximos que as administracións públicas devolvan os cartos que financian a visita papal
e que non se aporte nin un euro máis á igrexa católica.

Esiximos, en definitiva, que o papa Benedicto XVI sexa PRECINTADO.

Se queres sumarte á campaña, podes facelo persoándote solidariamente na causa da demanda tras encher os datos precisos de calqueira destes modelos da denuncia orixinal:

Autocolante 21 Setembro 2010

Paremos o terrorismo machista 3 Setembro 2010

Monserrat foi asasinada o pasado 26 de Agosto na cidade de Lugo e nós saímos á rúa para condenar, mais unha vez, este tipo de acto machista e terrorista.


PAREMOS O TERRORISMO MACHISTA
NINGUNHA AGRESIÓN SEN RESPOSTA

Fotografias Rute Cortiço.
Se queres ver máis, pincha aquí

VIMOS APOSTATAR! O ContraCaminho em imagens 31 Maio 2010


e para velas mellor… pincha aquí
Fotografías de Rute Cortiço.

ContraCamiño. 10 Maio 2010

IMOS QUEIMAR A CONFERENCIA EPISCOPAL… 25 Abril 2010

AS MULLERES SAÍMOS Á RÚA 12 Abril 2010

O FEMINISMO ESTÁ A PASAR POR AQUÍ 12 Abril 2010

8 de março (1910-2010): Imos queimar a Conferencia Episcopal!! 10 Abril 2010

O passado sábado 6 de março um grupo de umhas 60 mulheres organizadas em diverssos grupos ao longo da geografía do país (assim como individualidades) participamos numha macro-pintada na avenida de lugo compostelá. Com o lema “Imos queimar a Conferencia Episcopal por machista e patriarcal” demos começo a umha campanha de visivilizaçom e protesta ante a opressom ejercida pola Igreja Católica sobre os nossos corpos e vidas, assim como pola súa colonizaçom dos cartos e espaços públicos.

FeStA dA rEdE fEmInIsTa En COMPOSTELA 29 Marzo 2010