CONVOCATÓRIA PERMANENTE CONTRA ASSASSINATOS FEMINICIDAS

MARÍA MÁTAO

Ante a violencia machista e calquera das súas múltiples manifestacións eliximos a resposta, a autoorganización, o empoderamento e a autodefensa.
Acreditamos na resposta individual e colectiva das mulleres.

Ante os asasinatos feminicidas que teñen lugar na Galiza, saímos á rúa no día seguinte para combater a normalización social da violencia que é exercida contra nós, e a normalización da nosa eliminación física. Para manifestar que existimos, que respostamos e respostaremos a todos os niveis, que o asasinato dunha muller non será silenciado, e que non estamos soas.

A túa raiba, forza, presenza, resposta, …son benvidas.

LUGAR E HORA DAS SAÍDAS (no día seguinte á emisión da noticia): Compostela, Porta Faxeira, 20:30h.

  1. […] Convocatória permanente ante o feminicídio redefeministagalega.blogaliza.org/convocatoria-permanente-an…  por beto hai 2 segundos […]