27 Novembro: Fouces contra a violência machista

Posted by redefeminista - 24 Novembro 2010

LUGAR: Praza de Abastos (mercado) de Compostela.
HORA: 12-14h.

O sábado 27 de Novembro sairemos de novo á rúa porque non temos nada que celebrar, e rexeitamos o labor das institucións en nome dun falso feminismo, que resulta saboteador e desmobilizador (mais non conseguirán desmobilizarnos!).
Porque as empregadas de fogar seguen a estar en condicións de escravitude.
Porque a que traspasa as fronteiras e é pobre perde todos os dereitos.
Porque as mulleres violentadas, agredidas, maltratadas,… son vitimizadas, xulgadas, e revitimizadas.
Porque a igrexa e os poderes públicos traballan xuntos na perpetuación do patriarcado, constituíndo institucións de alto risco para as mulleres.
Porque as mulleres que se defenden son criminalizadas, e voltan a ser agredidas polas institucións que as desprotexen, e que crean e perpetúan a violencia contra nós.
Porque a maioría das persoas que viven en situación de pobreza no mundo, son mulleres.
Porque seguimos a ser asasinadas.
Porque violarnos é arma bélica que desmoraliza ao inimigo masculino, ademais de limpar a raza.
Porque o machismo é o terrorismo.
Porque a heterosexualidade como único camiño é un modo máis de control e de perpetuación de violencia, ademais dun artificio obrigatorio.
Porque somos mercantilizadas, obxectualizadas, marcadas, conquistadas,…
Porque este texto pode ser infinito e estamos FARTAS.

Temos a capacidade de defendernos, porque levamos toda a vida facéndoo nun mundo feminicida. E seguimos loitando.

Contra o terrorismo machista,
AUTODEFENSA FEMINISTA!

In:
Comments are Closed on this Post.